#Detrásdelpapel: Letras galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

O día das letras galegas é o día no que cada ano se homenaxea a aquelas persoas que destacaron ó longo da súa vida pola creación literaria en idioma galego ou pola defensa da nosa lingua.

Rosalía_9eue

Rosalía de Castro, orixe e precursora do que hoxe é a literatura contemporánea galega (Foto: Galipedia)

Cada ano, cada dezasete de maio (data de publicación da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro, no ano 1863), se adica a unha persoalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta, como único requisito, que transcorresen dez anos dende o seu falecemento.

Figuras como Rosalía de Castro (1963), Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964), Curros Enriquez (1967), Ramón Cabanillas (1976)… ou máis recentemente Uxio Novoneyra (2010) e Valentín Paz Andrade (2012) son soamente algúns dos autores recordados nesta celebración cultural propia. Únicamente no ano 1998 á dedicación foi conxunta, pois se recordou ós poetas medievais Martín Códax, Xohán de Cangas e Mendinho, poetas que foron famosos polas súas cantigas.

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Foi un dos precursores do incipiente teatro galego que, a día de hoxe, empezar a ser habitual nos escenarios de cada unha das cidades e das vilas de Galicia.

Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do “Grupo Antroido“, en 1975, até a súa compañía actual “Teatro do Aquí“, pasando pola breve experiencia da cooperativa “Teatro do Estaribel“. Sen dúbida, estas compañías foron o xerme da puxanza cultural galega, toda vez que viron a cubrir unha arte, a teatral, que ata entón era desconocida na nosa comunidade. De xeito, en 1978 conseguiu darlle o teatro galego o pulo que lle faltaba, superando a etiqueta de “amador” que tiña ata entón e conseguindo que, o igual que a música e a literatura, funcionase baixo a óptica da “profesionalización” nos seus axentes, directores e actores.

Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado no día das Letras Galegas do ano 2013. (Foto: Edu.Xunta.Es)

A súa produción estivo caracterizado polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política, o cal aumentou de xeito esponencial a súa importancia no xa amplio abano cultural da comunidade galega. Uns textos caracterizados sempre pola súa calidade e pola súa aprobación pola crítica.

Así, o feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos.

A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios (“Abrente“, “O Facho” e “Ciudad de Valladolid“),  o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses (“Rafael Dieste“, “Alvaro Cunqueiro“, “Xacobeo 92“,,..), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público.

Tamén foi dobrador na Televisión, pero non conseguiu cumprir un dos seus soños, ser director de cine.

*Fonte: Biblioteca Virtual Galega

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Susana González Ruisánchez

Abogado digital, Derecho Tecnológico, Ciberseguridad, SGSI, ISO27000, Legal Web Compliance, Innovación, Marketing y Comunicación

BLOG DE LUIS ABELEDO

Iuris praecepta sunt haec: honeste vivere, alterum non laedere, suum cuique tribuere (ULPIANO D 1.1.10.1) Los preceptos del derecho son éstos: vivir honestamente; no dañar al prójimo y dar a cada uno lo suyo

Naturismo en pareja

Libertad, compartir, aceptar, vivir.

Ecosistemas

Blog de divulgación de Ecología de la Asociación española de Ecología Terrestre (AEET)

Argumentos en Derecho Laboral

Blog coordinado por Adrián Todolí

Atelier legal

El blog jurídico de Alberto Fernández

El BOE nuestro de cada día

Web de noticias extraídas del Boletín Oficial del Estado

delaJusticia.com

El rincón jurídico de José R. Chaves

El Blog de Ramón

Blog de opinión de Ramón Cerdá

Vigopedia

Historia, historias, toponimia, geografía e imágenes de Vigo

La Brigada Tuitera

Cuartel General

DOS ORILLAS

Reflexiones, opiniones (y a veces berrinches), sobre Derechos Humanos y la realidad diversa y común

EL DERECHO Y LA FAMILIA.

Respuestas Legales a tus dudas.

A %d blogueros les gusta esto: